Apoia a saída de Sermos O Diario Galego

Subscríbete!

Aspiramos a lograr un mínimo de 3.000 persoas que se comprometan –cubrindo o modelo que acompaña este texto- a se faceren asinantes. Deste modo, lograremos a estabilidade financeira precisa para afrontar os custos da edición de Sermos O Diario Galego  en papel e na web.

Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego

Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego

Un diario en papel en galego verá a luz a finais de 2019. O que naceu como un proxecto hai apenas un ano farase realidade ao lograrmos chegar ás 3.000 presubscricións, o obxectivo mínimo marcado para garantir a estabilidade financeira que permita afrontar os custos de edición do diario en papel e na internet. Unha cantidade que aspiramos a aumentar ao mantermos aberto o formulario de subscrición.

Un Nadal azul para un diario en galego

Un Nadal azul para un diario en galego

3, 2, 1… comeza a conta atrás para acadarmos as últimas presubscricións que permitan facer realidade un diario en papel en galego e con este obxectivo iniciamos esta cuarta feira unha intensa campaña nas redes sociais. E é que a presubscrición á única opción diaria que haberá nos quiosques en galego é a mellor opción para agasallar neste Nadal azul!

O proxecto para un diario galego visita Ordes e Fene

O proxecto para un diario galego visita Ordes e Fene

Ordes e Fene son os concellos que visitaremos esta semana para presentarmos o proxecto para a saída de Sermos O Diario Galego. Contamos coa túa asistencia para tomarmos nota das suxestións e propostas que nos realices e para che resolver todas as túas dúbidas.