Anxa González
Anxa González

"Espero que O Diario Galego sexa un elemento de cohesión e identidade social"

ANXA GONZÁLEZ, PROFESORA E GUIONISTA

Anxa González
Anxa González

Profesora de galego e guionista, Anxa González sinala que, como galegas e galegos, "precisamos encontrarnos aí onde están as novas diarias".

 

"Espero que O Diario Galego sexa un elemento de cohesión e identidade social"
"Espero que O Diario Galego sexa un elemento de cohesión e identidade social"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Dentro da pluralidade, que sexa un elemento de cohesión e identidade social. Non pode haber conciencia de pertenza a unha sociedade sen te ver reflectida na súa oralidade e na lingua escrita, e aínda que nos recoñezamos nunha literatura, a lingua impresa vai moito máis alá, está tamén no máis cotián. Precisamos encontrarnos aí onde están as novas diarias.

 

Por que é necesario?

 

Por futuro. Na actualidade é imposíbel para unha lingua desenvolverse con normalidade sen dispoñer de elementos básicos como son os medios de comunicación diarios. O impacto social da prensa escrita segue a ter unha importancia decisiva. Neste ámbito o galego está completamente ausente, e sen existir ningunha actuación que intente paliar esta situación.

 

Que pegada podería ter na normalización da lingua?

 

Un xornal diario é vital, sería un primeiro paso para remediar unha situación lingüística insostíbel.

 

[Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]