[Imaxe: Xan Muras] De esquerda a dereita: Xoán Colazo, Xurxo Souto, Nicolasa Castro, Roberto Vilameá, Marga Romero, Xoán Costa, Rubén Lois, Nemésio Barxa, Sira Vidal e Manuel da Cal, diante do mapa de Fontán, no Parlamento de Galiza.
[Imaxe: Xan Muras] De esquerda a dereita: Xoán Colazo, Xurxo Souto, Nicolasa Castro, Roberto Vilameá, Marga Romero, Xoán Costa, Rubén Lois, Nemésio Barxa, Sira Vidal e Manuel da Cal, diante do mapa de Fontán, no Parlamento de Galiza.

Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego

CONSÉGUENSE AS 3.000 PRESUBSCRICIÓNS MÍNIMAS

[Imaxe: Xan Muras] De esquerda a dereita: Xoán Colazo, Xurxo Souto, Nicolasa Castro, Roberto Vilameá, Marga Romero, Xoán Costa, Rubén Lois, Nemésio Barxa, Sira Vidal e Manuel da Cal, diante do mapa de Fontán, no Parlamento de Galiza.
[Imaxe: Xan Muras] De esquerda a dereita: Xoán Colazo, Xurxo Souto, Nicolasa Castro, Roberto Vilameá, Marga Romero, Xoán Costa, Rubén Lois, Nemésio Barxa, Sira Vidal e Manuel da Cal, diante do mapa de Fontán, no Parlamento de Galiza.

Un diario en papel en galego verá a luz a finais de 2019. O que naceu como un proxecto hai apenas un ano farase realidade ao lograrmos chegar ás 3.000 presubscricións, o obxectivo mínimo marcado para garantir a estabilidade financeira que permita afrontar os custos de edición do diario en papel e na internet. Unha cantidade que aspiramos a aumentar ao mantermos aberto o formulario de subscrición.

Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego
Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego

peq 22019 representará un punto de inflexión no panorama mediático coa saída, a finais de ano, dun diario en papel en galego, como acordou na mañá do sábado o Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A., que celebrou simbolicamente a decisión cunha fotografía no Parlamento galego ante o mapa de Fontán, quen permitiu descubrir Galiza no debuxo exacto do país.

 

“Para uns a Terra é o pequeno berce no que naceron: apenas un fermoso val (...). Para outros, a Terra é tan grande que soamente alcanzan a vela no mapa de Fontán”, deixou escrito Castelao a respecto da célebre Carta Xeométrica. Adiantándose ás imaxes dos satélites, Domingo Fontán logrou fotografar Galiza e situala na vangarda científica. E Galiza é o norte do compás do diario en galego, que camiñará de maneira construtiva cara ao desenvolvemento e a transformación económica e social da realidade galega. Unha realidade esquecida nas páxinas dos xornais e que nos levarán a reflectir unha cartografía completa de Galiza onde teñan cabida temáticas como o traballo, a cultura, a ecoloxía, os feminismos, a lingua, a diáspora, a economía, a memoria, a historia ou os dereitos e liberdades civís.

 

As máis de 3.000 presubscricións logradas até o momento supoñen o pasaporte para que a lingua galega e a defensa dos intereses galegos sexan protagonistas dun xornal aberto a todo o pobo e que tratará cantos asuntos repercutan sobre obenestar económico, social e cultural de Galiza. O proxecto, presentado publicamente o 29 de xaneiro de 2018 en Compostela, perante unha nutrida representación da sociedade galega, nacía vinculado a conseguir o obxectivo de 3.000 subscricións, o mínimo que garantiría a estabilidade financeira precisa para afrontar os custos de edición do diario en papel e do diario dixital.

 

Subscricións abertas para sermos máis fortes

peqUnha vez acadada a cifra, o Consello de Administración de Sermos Galizaafanarase en ampliar apoios para dotar dunha maior fortaleza o diario. De aí que se manteña aberto o formulario de subscricións, que pode facerse chegar a través desta ligazónou por correo postal. “Queremos ir a máis. Por iso nos diriximos a quen dubidaba do proxecto: coñeceremos as páxinas do xornal a finais de 2019”, salienta Xoán Costa, presidente e conselleiro delegado do Consello de Administración, que apela a xuntar máis apoio económico daquelas persoas cun pensamento e comportamento aberto, actual e implicado que non ven satisfeitas na prensa convencional as súas ideas de avanzo social.

 

Cantas máis sexamos, de maior calidade será un xornal nacional, profesional e colaborativo que ofrecerá información de terzas feiras a sábado, nun total de 260 edicións en papel ao ano, e todos os días na súa versión dixital. O futuro, expón Costa, pasa polo xornalismo multiplataforma e polas sinerxias entre a edición impresa –que segue a ser o soporte que maior credibilidade comporta– coas posibilidades audiovisuais que ofrece a rede. Acompañará o diario en papel – que constará de 32 páxinas a cor– Sermos Galiza que deixará de editarse de maneira autónoma como semanario para se converter no suplemento do novo xornal.

 

Agradecemento do Consello de Administración

 

O presidente do Consello de Administración lembra que “cando anunciamos o proxecto eramos conscientes de que partiamos coas limitacións de quen comeza sen apoios de ningunha grande empresa ou grupo de presión detrás, mais tiñamos o convencemento de lograrmos que as galegas e galegos non aforrarían esforzos para facer do soño unha realidade”.

 

“Diciamos no final da campaña: se ti estás, chegamos. E así foi. De aí que o Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A. queira expresar o seu agradecemento máis sincero a todas cantas persoas que procuran un cambio de seu no país e que acreditan nun diario imprescindíbel para que o pobo galego conforme a súa opinión sobre información obxectiva e contrastada”, conclúe Xoán Costa, que chama a seguir sumando mans baixo a convición de que para nos erixir nunha sociedade libre, necesitamos unha prensa incorruptíbel e independente dos grandes poderes.

 

Podes subscribirte ao diario en galego nesta ligazón.

 

[As imaxes que acompañan esta información son autoría de Xan Muras]