Luís Martínez-Risco Daviña
Luís Martínez-Risco Daviña

"Precisamos un diario que plasme a realidade desde unha perspectiva nosa"

LUÍS MARTÍNEZ RISCO, ENSAÍSTA, HISTORIADOR E SECRETARIO DA FUNDACIÓN VICENTE RISCO

Luís Martínez-Risco Daviña
Luís Martínez-Risco Daviña

Luís Martínez Risco, ensaísta, historiador e secretario da Fundación Vicente Risco aposta por un diario en papel que achegue información sobre a realidade galega e tamén sobre a realidade internacional.

"Precisamos un diario que plasme a realidade desde unha perspectiva nosa"
"Precisamos un diario que plasme a realidade desde unha perspectiva nosa"

Que esperas de O Diario Galego?

 

Información sobre a realidade galega e tamén internacional. Un xornal que sirva para equiparar o que pasa na Galiza co que pasa noutros territorios.

 

Por que é necesario?

 

É necesario ter unha visión do mundo desde Galiza. Como galegos temos unha maneira determinada de ver o mundo, de concibir a cultura, os deportes e as demais actividades. Precisamos dun medio galego que plasme a realidade desde unha perspectiva nosa, o que leva implícito tamén a utilización do noso idioma.

 

Que pegada podería ter no ámbito académico e na creación dunha identidade galega sólida?

 

Na medida na que un medio recolle a nosa realidade, este pode ser empregado como referente para contar determinadas temáticas na aula. Non soamente temas galegos senón temáticas de ámbito universal: cuestións filosóficas, problemáticas como a desigualdade da muller… Ter un medio galego do que poidas extraer novas para tratar nas aulas pode ser moi interesante.

 

[Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]