Quen edita
Quen edita

Quen o edita

Quen edita
Quen edita
Quen o edita
Quen o edita

Quen edita Sermos O Diario Galego?

Faino Sermos Galiza S.A., entidade constituída en 2012 e inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela con CIF A70301510. Esta empresa publica desde hai 6 anos ininterrompidos o semanario en papel Sermos Galiza e o dixital www.sermosgaliza.gal, e promove a edición de libros, DVDs e cadernos monográficos de interese xeral. 
A empresa Sermos Galiza S.A. conta na actualidade con 900 accionistas. Como Sociedade Anónima, cada ano convoca aos e ás accionistas a unha Xunta Xeral, na que se informa da marcha da empresa e se somete a discusión e votación a memoria económica cos resultados anuais da empresa que, despois de ser aprobada, se deposita no Rexistro Mercantil.

Podería incorporarme como accionista á empresa agora mesmo?

Si, actualmente está aberta unha ampliación pública de capital. Quen a subscriba tamén terá acceso directo ás contas e á participación nos debates anuais da Xunta Xeral sobre o seu devir. Cada acción custa 100 euros e mércanse ingresando os cartos na seguinte conta bancaria [Abanca: ES45-2080-0319-6930-4001-6966] aberta a nome da empresa Sermos Galiza SA, remitindo posteriormente un correo electrónico -co resgardo do ingreso- indicando o nome e apelidos do titular da/s acción/s, teléfono, enderezo postal e NIF ao correo electrónico [email protected] Pódense mercar tantas accións como se desexe, sempre múltiplo de 100 euros, desde xa.