Subscrición

Subscrición
Subscrición

Como podo apoiar a saída de Sermos O Diario Galego?

Subscribíndote! Aspiramos a lograr un mínimo de 3.000 persoas que se comprometan –cubrindo o modelo que acompaña este texto- a se faceren asinantes. Deste modo, lograremos a estabilidade financeira precisa para afrontar os custos da edición de Sermos O Diario Galego  en papel e na web.

Se me subscribo agora, teño que pagar neste mesmo intre?

Non. Cobrarase a comezos de 2019, e só de acadarmos o mínimo de 3.000 subscritores necesarios para o facer viábel economicamente. Se non se logran os 3000, non se pasarán os cargos.

Cal será o prezo de Sermos O Diario Galego

O prezo de venda ao público dun número de martes a venres será de 1.50 euros. Os sábados, que levará as 32 páxinas habituais e outras 32 máis que pertencen ao semanario Sermos Galiza, o prezo será de 2,50 euros.

Canto aforro se me subscribo? 

Subscribíndote obterás un grande desconto respecto da compra día a día, desde o 35% (154 euros) se o pago é nunha única anualidade, até o 27% se é en 12 pagamentos no ano. Existirán varias posibilidades de subscrición:
- 12 pagos mensuais por un importe de 27 euros/mes [27 euros/mes]
- 4 pagos anuais por un importe de 78 euros/trimestre [26 euros/mes]
- 2 pagos anuais por un importe de 150 euros/semestre [25 euros/mes]
- 1 único pago anual de 288 euros/ano [24 euros/mes]

Se me subscribo á edición en papel, terei acceso tamén á edición electrónica en PDF (na nube)?

Si, está incluída. A subscrición en papel, en calquera das modalidades de pagamento, leva consigo poder ler o xornal en formato PDF na nube, tanto o do propio día como o dos anteriores, incluído o suplemento de fin de semana Sermos Galiza que se edita os sábados conxuntamente con Sermos O Diario Galego

Existirá entón a opción da subscrición ao PDF na nube de Sermos O Diario Galego?

Si. Poderase subscribir á lectura do PDF na nube –sen a descarga física do arquivo- en calquera dispositivo (móbil, tableta ou computador). Farase mediante a entrega dunha clave vencellada ao teu correo electrónico. De optares por este sistema, as tarifas serán:
- 12 pagos mensuais por un importe de 20 euros/mes  [20 euros/mes]
- 4 pagos anuais por un importe de 57 euros/trimestre  [19 euros/mes]
- 2 pagos anuais por un importe de 108 euros/semestre  [18 euros/mes]
- 1  único pago anual de 204 euros/ano [17 euros/mes]

Que é a lectura na nube?

Sermos O Diario Galego habilitará un espazo de lectura a través dunha aplicación web. Nesa aplicación, despois de se dar de alta, cada usuaria ou usuario terá un espazo de lectura. Coa funcionalidade de Lectura na Nube integrada nesa aplicación que O Diario Galego porá en marcha os teus PDF van estar sempre dispoñíbeis no teu espazo persoal, e vas poder acceder á súa lectura desde o propio navegador web do teu dispositivo e sen necesidade de instalar ningún programa de lectura adicional. Ademais, este espazo de lectura incorpora a funcionalidade de Lectura sen Conexión, que che vai permitir gardar no teu dispositivo, de forma sinxela e transparente, os PDF aos que queiras acceder mesmo cando non dispós de conexión á Rede.

Se xa son subscritora ou subscritor do semanario de Sermos Galiza  teño que  subscribirme a Sermos O Diario Galego? Desaparecerá o semanario actual?

Aínda que a empresa editora é a mesma, Sermos O Diario Galego comeza desde cero, polo que haberá que subscribirse á nova cabeceira. Sermos Galiza seguirá editándose con carácter semanal, mais distribuirase cada sábado a xeito de suplemento de fin de semana de Sermos O Diario Galego

Se me subscribo á edición en papel como recollerei o diario?

Por medio duns vales terás acceso a recoller o diario no quiosco ou punto de venda de prensa que mellor che cadre, pois contaremos cunha distribuidora profesional que chegará a toda Galiza. Nas cidades e nas vilas poderás recibir o diario a primeira hora da mañá na túa morada por medio dunha distribuidora profesional. No caso de vivir nun edificio con portal exterior comunal haberá que permitir o acceso para así poder deixar o diario na túa caixa do correo persoal.