Imprimir

Características

O Noso Diario | 26 de Xaneiro de 2018

Características
Características

­Como vai ser Sermos O Diario Galego en papel e en internet?

En papel publicarase con 32 páxinas e a cor de martes a sábado, durante os cinco días consecutivos. A maiores, os sábados, levará encartado un suplemento de fin de semana, Sermos Galiza, con outras 32 páxinas. En total o Diario sairá 258 días ao ano.

Alén da edición en papel, Sermos O Diario Galego terá unha edición en liña, que se actualizará no momento segundo se produza a información en cada un dos sete días da semana. Así mesmo, recollerá parte da información que se publique en Sermos O Diario Galego en formato papel.

Mais, o papel non está en declive. E por que 5 días á semana?

Sermos O Diario Galego quere estar presente nos dous formatos, papel e dixital, sen renunciar a ningún deles pois hai públicos que só len en papel ou o teñen como preferencia. Posibelmente as publicacións impresas rematen sendo produtos exclusivos mais ese momento aínda non chegou. Precisamente, ter unha edición en papel 5 días á semana permite un aforro nos custos de produción que fan viábel o proxecto con menos recursos e tamén -queremos destacalo- garante o dereito ao descanso de fin de semana das traballadoras e dos traballadores. Eses dous días sen edición impresa –pero si dixital- permitirán gañar capacidade de análise, fuxindo de enfoques efectistas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/paxinas/caracteristicas/20180126165039000633.html


© 2018 Sermos O Diario Galego

 

www.sermosodiariogalego.gal